Non somos unha mina

As rúas de Compostela acolleron no día de onte o desbordamento popular contra a Mina de Touro – O Pino, e contra un modelo depredador que teima en axeonllar o noso País ante os intereses económicos das grandes multinacionais. O proxecto para a reapertura da mina de cobre a ceo aberto de Touro – O Pino non ameaza unicamente a comarca do Ulla, a súa paisaxe e o propio río, senón que constitúe un perigo para os bancos marisqueiros das rías de Arousa e Noia.

A impresionante mobilización que este 10 de xuño acolleu a capital do País, cun respaldo social absolutamente maioritario, expresou a esixencia á Xunta de Galicia para que non autorice outro proxecto de megaminería que suporía unha gravísima ameaza. Foi un berro polo futuro e pola sostibilidade, contra a especulación co noso territorio.

Deixamos aquí a crónica e as imaxes do xornal Praza, que recolle con precisión o sentir expresado onte en Compostela.

Share

Tamén pode gustarche...